Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Padrón duplicou as altas nas últimas semanas e só hai seis infectados na vila


 

En total rexistraronse 33 casos de contaxio, pero xa houbo 24 persoas que foron dadas de alta, e só hai seis casos activos

O Concello de Padrón actualizou os datos de contaxio de coronavirus e, segundo os últimos datos facilitados polo Centro Médico municipal, na vila rexistraronse un total de 33 casos de contaxio polo virus COVID-19 ao longo destes meses. Hai seis casos activos na actualidade, o que supón que nas últimas semanas houbo numerosas altas. En total, 24 persoas foron dadas de alta neste período. Respeto ao número de falecementos, rexistraronse tres mortes por coronavirus en Padrón.
Pola súa parte, o executivo local continua coa xestión da pandemia -tanto en relación cos aspectos sanitarios como na reactivación da economía local-. Así, recentemente realizouse o reparto de máscaras cirúrxicas entre toda a poboación da vila para que se preparen para sair a rúa con seguridade durante a Fase I. E, do mesmo xeito, estase preparando a entrega de biombos de cristal templado para todos os negocios e tendas locais, co obxetivo de incrementar a seguridade e evitar a propagación do virus.
Asimesmo, todas as semanas unha empresa especializada procede á desinfección e limpeza do Centro Médico, de todos os distintos edificios municipais e de todos aqueles espazos comuns públicos.
O alcalde de Padrón insistiu na necesidade de seguir executando os protocolos de seguridade e hixiénico-sanitarios establecidos. “É importante actuar con moita precaución, e seguir traballando na protección da sociedade para superar esta pandemia global”, incidiu.